A Fundación Premios da Crítica de Galicia relanza os seus galardóns

Convoca nova edición e anuncia a edición dun libro e a realización de diversos eventos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un libro que recollerá a evolución da cultura galega desde 1978. Mesas redondas para analizar os diferentes sectores creativos do país. Un encontro de todos os premiados desde o nacemento da iniciativa. A Fundación Premios da Crítica de Galicia acaba de convocar a edición 2012 dos seus galardóns cunha batería de actividades para potenciar este proxecto. A convocatoria faise nas categorías de creación literaria, investigación, música, iniciativas culturais, artes plásticas e visuais, e mais artes escénicas e audiovisuais, e a entrega farase o vindeiro 20 de outubro en Vigo. A Fundación anunciou tamén a inminente apertura do seu novo espazo web.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Premios da Crítica, Premios da Crítica de Galicia, Artes Escénicas, Vigo