Uns renovados Premios da Crítica celebran a vitalidade da cultura galega

Ana Romaní, Jorge Mira, o Proxecto Terra ou Son de seu entre os galardoados

24/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Premios da Crítica de Galicia celebrou este sábado en Vigo a triséximo cuarta edición dos seus premios. Cun amplo xurado, e no transcurso dunha cea de gala, a renovada entidade premiou A Ana Romaní na creación literaria, Jorge Mira, no de investigación, Son de Seu, no de música, o Proxecto Terra, no de Iniciativas Culturais, a Ángela de la Cruz, no de Artes Plásticas e Visuais e a obra Citizen, de Chévere, no de Escénicas e Audiovisuais. Bieito Ledo, Presidente da Fundación Premios da Crítica aludiu á vontade de galeguismo integrador dos galardóns e explícanos a filosofía da Fundación e os seus premios nesta entrevista en vídeo.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ana Romaní, Jorge Mira, Fundación Premios da Crítica, Filosofía...