Bieito Ledo denuncia o risco de desaparición dos Premios da Crítica

O editor sinala que a Fundación que a convoca os galardóns está bloqueada

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O editor Bieito Ledo remitiulle onte un comunicado a diferentes medios de comunicación denunciando que é posible que os Premios da Crítica de Galicia non se convoquen este ano. Ledo, que fora un dos promotores desta iniciativa, sinala que o actual presidente da Fundación Premios da Crítica, que organiza estes galardóns, está a bloquear a renovación da directiva da entidade e que non convocou a edición deste ano, que acumula demora. Nos últimos meses foron xa varios os patróns destes galardóns que abandonaron a Fundación por diferenzas coa actual directiva.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Fundación Premios da Crítica, Premios da Crítica de Galicia