Baixo o lema "40 anos facendo país para sermos máis nós", lembrando o corenta aniversario da celebración ininterrompida dos premios, a Fundación Premios da Crítica de Galicia reuniu o pasado sábado en Vigo a trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país. Os diversos xurados dos premios fixeron público nese momento o ditame da cuadraséxima edición dos Premios da Crítica de Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.
O xurado da modalidade de Creación Literaria, acordou declarar finalistas as obras De catro a catro. Manuscrito inédito de Manuel Antonio (Alvarellos); Querido H.P. Lovecraft de Antonio Manuel Fraga (Alcaián, Urco) e Nordeste de Daniel Asorey (Galaxia). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio á obra de Antonio Manuel Fraga Querido H.P. Lovecraft editada por Alcaián Urco. Na súa acta o xurado salientou da obra gañadora que "constitúe un enxeñoso acercamento ao estraño, mesturando brillantemente o sobrenatural co fantástico, onde sobrancea a habil creación de ambientes perturbadores que nos acaban afectando do mesmo xeito que ao ficticio Lovecraft". O xurado sinalou que alén diso, fai unha descrición dos personaxes cun par de expertas pinceladas breves que lle outorgan unha personalidade claramente única e fascinante. Rematou sinalando que "coma nos textos de Lovecraft, acompañamos a Robert na súa caída libre no abismo da culpa, ficando envoltos no misterio engadindo a peza que completa o círculo lovecraftiano".
Na modalidade de Investigación, acordouse outorgar por unanimidade o premio ao traballo A prensa en Galicia na Transición de Marcos Pérez Pena, editado por Xerais, tras declarar como finalistas tamén ao proxecto de Secuenciación xenética do rodaballo (USC-CSIC,CENAG); e á A nosa terra é nosa. A xeira das Irmandades 1916-1931 de Emilio Xosé Ínsua (Baía edicións). O xurado destacou que "valoraba moi positivamente a cantidade, calidade e diversidade das propostas presentadas que reflicten o auxe da investigación científica e do pensamento en Galicia".
Tamén en relación co mundo científico fallouse o Premio de Iniciativas Culturais que recaeu no programa ConCiencia, unha actividad de divulgación científica nacida en 2006 por iniciativa da Universidade de Santiago e o Consorcio de Santiago que coordina o físico Jorge Mira, que recolleu o galardón. O xurado salientou do Programa Conciencia que "sexa unha iniciativa de divulgación científica consolidada no tempo optimizando uns recursos económicos cada vez máis minguados; sendo unha ponte entre niveis educativos, o mundo da investigación e a cidadanía". Así mesmo salientou que "contribúa decisivamente a formar rede entre os investigadores e as investigadoras de Galicia e os lideres mundiais na materia; ademais de que consigue amosar que a sociedade responde ás iniciativas de divulgación científica de calidade".
Mostra de cinema periférico da Coruña, Premio de Cine e Artes Audiovisuais
O Festival S8. Mostra de cine periférico da Coruña foi o merecedor do premio deste ano de Cine e Artes Audiovisuai. O xurado, formado por Alberte Pagán, gañador da edición 2016; Xisela Franco, directora Máster de Cinema e Creación Audiovisual; María Solar, xornalista e escritora; Miguel Anxo Fernández, crítico de cinema e audiovisual; Cristina Iglesias, actriz; Noemí Martínez Ferreiro, guionista e Inma López Silva, que actuou como secretaria, manexou como finalistas a Diana Toucedo, Alberto Vázquez e S8 Mostra de cine periférico da Coruña, que tras as derradeiras deliberacións obtivo o galardón por unanimidade. O xurado salientou a calidade deste evento e "a capacidade do S8 de, en só oito anos, situarse entre os mellores festivais de cinema de vangarda do mundo. S8 é un festival que sabe conxugar o novo e o vello, o internacional co local, non só servindo como escaparate do cinema galego, senón tamén como canteira da que xorden novos e novas creadoras".
Luís Emilio Batallán, Premio de Música
Luís Emilio Batallán conseguiu a unanimidade do xurado encargado do Premio de Música por riba dos outros finalistas , a Orquestra Sinfóncia de Galicia e a formación tradicional Treixadura .O xurado, formado por Uxía Senlle, cantora, gañadora da edición 2016; Manuel F. Álvarez González, fundador de Xuventudes Musicais de Vigo; Octavio Beares, crítico musical de Faro de Vigo; Xosé Luís Blanco Campaña, xornalista; María Xosé Cerviño, Directora da Escola de Música Berenguela de Santiago; Fernando Fernández Rego, xornalista, historiador da música en Galicia e Antón Pulido Novoa, en representación de Premios da Crítica de Galicia, valorou de Luís Emilio Batallán "a súa traxectoria até a actualidade, a súa reivindicación e renovación da canción galega, a historicidade e dimensións das súas composicións que forman parte xa da cultura galega e do imaxinario colectivo de varias xeracións". O xurado tamén quixo salientar "a contribución de Batallán á difusión da poesía galega e á popularización de autores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Carlos Oroza".
Con outro nome propio de ampla traxectoria decidiuse o premio de Artes Plásticas que foi parar ás mans de María Luisa Sobrino, Premio de Artes Plásticas por "a súa longa traxectoria como docente e investigadora no eido das Artes Plásticas en Galicia, continuando na actualidade unha importante implicación activista co seu contexto e coas problemáticas actuais. Pioneira no ensino da plástica contemporánea sendo impulsora da rede interdisciplinar da cultura galega. Ademais, 2016 foi o ano no que deixou o cargo de coordinadora da sección de Creación e Artes Visuais contemporáneas do Consello da Cultura Galega, desde onde desenvolveu publicacións, actividades e informes que activaron novas lecturas sobre diferentes cuestións da creación contemporánea". A súa candidatura impúxeso nas deliberacións finais ás de carlos Quintáns e Din Matamoro.
Flor Maceiras, Premio de Artes Escénicas
O xurado da modalidade de Artes Escénicas, formado por María Barcala, Teatro do Atlántico, gañadora da edición 2016; Eduardo Rodríguez Cunha, director de Tanxarina; Fran Alonso, editor e poeta; Mercedes González Castro, actriz, membro de Escena Galega; Juan Carlos Zahera, director do Espacio de Danza da USC; Mariana Carballal, actriz e Ernesto Sánchez Pombo, que actuou como secretario, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Mabel Rivera, Kukas Producións Artísticas, Raúl Ferreira e Flor Maceiras. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por unanimidade o premio a Flor Maceiras. O xurado salientou que "decidiu outorgarlle o galardón a Flor Maceiras pola súa traxectoria como actriz e directora e, moi especialmente, como mestra comprometida cunha formación teatral íntegra concibida desde a base e desde as marxes, que ten o seu obxectivo primordial na igualdade de xénero concibida desde o presuposto da calidade artística"
No recoñecemento ás achegas no eido da Cultura Gastronómica o xurado tivo que decidirse entre as tres propostas finalistas representadas no Grupo Nove de cociñeiros, o Instituto Galego do Viño e o Restaurante Fogar do Santiso. Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Grupo Nove polo que representa "o compromiso de vinte e catro grandes profesionais galegos da cociña que souberon poñer en valor dende as súas orixes a materia prima galega facéndoa internacionalmente visible cunha estratexia integral que xunta cultura, lingua e patrimonio".