A sétima edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela para menores de 25 anos xa ten titor. Xabier P. DoCampo será o encargado de titorizar o traballo do vencedor durante unha estancia nunha casa de turismo rural. O xurado do certame anunciou que os finalistas deste ano Iria Morgade Valcárcel, Andrés Carrasco Solla de Pontevedra e Iria Ameixeiras CandÃns. Agora deberán enviar antes do 13 de xullo unha versión máis elaborada dos seus proxectos de novela, sen superar os 150 folios de extensión.