Publícase unha nova edición da guía de Internet en galego Os meus favoritos

Está promovida polos servizos de normalización dos concellos de Carballo, Malpica, Ponteceso e Zas

Con 8.000 exemplares en papel a toda cor e o PDF na rede para poder distribuírse a toda Galicia, a nova guía Os meus favoritos recolle preto de 200 enderezos de sitios web en lingua galega de contido moi diverso en ámbitos como a banda deseñada, o audiovisual, o deporte, os xogos ou as redes sociais. A edición está asumida por estes concellos, que os distribúen en colexios e espazos públicos co obxectivo de "facilitar o descubrimento e o coñecemento do ciberespazo en galego, vencellar a lingua galega con novos e modernos espazos de uso e contribuír á difusión da información de todo tipo na nosa lingua". A iniciativa está promovida polos servizos de normalización dos concellos de Carballo, Malpica, Ponteceso e Zas.


Os meus favoritos 2011.