Calendarios e debates para a normalización lingüística

Diferentes servizos de normalización lingüística presentan propostas de dinamización

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Melide, Toques, Santiso e Palas de Rei presentaron onte a campaña conxunta de catro concellos da Rede de Dinamización Lingüística na promoción do uso do galego "Terras de Melide e A Ulloa. Antes e agora en galego". A campaña consiste na edición de 500 calendarios do patrimonoi medieval artístico e lingüístico da zona. Por outra banda, oito concellos do país, a través dos seus Servizos de Normalización Lingüística, conformaron por cuarto ano un Clube de Debate para incentivar a oratoria e o uso do galego oral. O concurso reunirá a máis de 200 rapaces de 16 centros de ensino de Ames, O Carballiño, Carballo, Ferrol, Negreira, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo. A final será o 26 de abril en Carballo e o tema será "Herdamos o galego, temos que transmitilo".

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Melide, Carballo, Palas de Rei...