Doce servizos de Normalización fechan co final de 2011

En total foron 15 as entidades locais deste tipo que fecharon no ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O 30 de decembro extinguíronse os servizos de normalización lingüística de 12 concellos galegos. Aranga, Arzúa, Barreiros, Cabana de Bergantiños, Cariño, Cerceda, Malpica, Mesía, Monfero, Santiso, Vilasantar e Zas quedaron sen este tipo de entidades, segundo denunciou a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua con datos do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura. Estes feches súmanse aos tres que se produciran ao longo de 2011, supondo unha redución total de 15 destes servizos no mesmo ano no que se puxo en marcha a Rede de Dinamización Lingüística, que pretende coordinar o traballo municipal neste campo.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, Bergantiños, Monfero...