A CTNL denuncia o risco de desaparición dos servizos de normalización municipais

A metade destas entidades están en situación de precariedade

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A suspensión das axudas da Xunta aos servizos de normalización municipais pode pór en perigo a actividade de boa parte das entidades deste tipo que operan no noso país. A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística sinala que dos sesenta servizos que se manteñen, a metade está en situación de precariedade, e un número similar subsiste na provincia da Coruña grazas ao apoio da Deputación. Ademais, sinala que o atraso en vindeiras convocatorias deixou sen actividade boa parte destes servizos ao longo de 2011 e denuncia que os recursos destinados a este apartado diminuíron desde os 800.000 euros de 2008 a 420.000 € en 2011, cifra que finalmente non se chegou a investir.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CTNL, Normalización Lingüística

Claves

Entidades