Unha guía propón centos de agasallos en lingua galega

Está editada pola Deputación da Coruña e a CTNL

17/12/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os últimos libros de Yolanda Zúñiga ou Xurxo Borrazás; os discos de Berrogüeto (Kosmogonías), Uxía (Eterno navegar) ou Lamatumbá (A órbita da banda hipnótica); os reprodutores de Blu: Sens con menús en galego, as axendas de Implicadas no Desenvolvemento ou as camisetas de Caramuxo… son algunas das propotas de “Agasallo”., unha guía con lingua propia. Editada pola Deputación da Coruña e a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL), inclúe produtos como libros, discos, camisolas e xogos en lingua galega. A guía, ademais dos 45.000 exemplares que se distribuirán nos concellos, está dispoñible na rede.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Lingua galega, Deputación da Coruña, CTNL...