ADEGA reúne o mundo da cultura e da ciencia nunha campaña polo territorio

Ponte no medio. Móvete polo territorio conta con 130 sinaturas de persoeiros

O litoral, os ríos, o urbanismo, o patrimonio histórico e cultural ou a paisaxe son algúns dos ámbitos que se tratan na campaña Ponte no medio. Móvete polo territorio que presentou esta fin de semana o colectivo ecoloxísta ADEGA. A iniciativa, que conta xa co apoio de 130 persoeiros do mundo da cultura, as artes e as ciencias do país, propón dez medidas concretas a prol da conservación do medio, e chama á mobilización social ante as agresións que sofre o medio. Xurxo Souto, Manuel Gallego Jorreto, Rosario Álvarez, Isabel Risco, Margarita Ledo Andión, Adolfo Cordero, Celso Dourado, Alba Nogueira, Jorge Coira ou Teresa Moure son algúns dos nomes que participan na campaña.

Manifesto da campaña Ponte no medio. Móvete polo territorio.