Greenpeace presentaba en xullo o seu informe anual no que alertaba que Galicia tiña 46 puntos negros no litoral pola agresividade do urbanismo que se estaba a desenvolver. A semana pasada, o goberno presentaba un avance do seu proxecto de lei de Ordenación do Territorio que revelaba cunha política restrictiva e proteccionista co medio e, case ao mesmo tempo expertos internacionais avogaban polo diálogo para solucionar este problema no encontro Urbanismo e litoral.
Nos últimos anos, a tranquilidade de Fisterra está ambientada polo ruído das escavadoras de tres empresas que constrúen uns 600 apartamentos e vivendas fronte á praia de Langosteira. É só un dos múltiples exemplos que se suceden no litoral galego do urbanismo próximo que moitos comezan a bautizar xa como marbellización. As cifras, ademais, non son nada alentadoras. Greenpeace anuncia que na próxima década se construirán na costa 600.000 vivendas, 17 campos de golf e 24 portos deportivos. Unha presión constructora que se contradí cos estudos de poboación que indican un descenso demográfico na maior partes desas zonas máis demandadas polas constructoras. Ademais, se a isto se lle engade o evidente impacto ecolóxico (algunhas destas urbanizacións están a construírse a menos de douscentos metros de distancia da costa) é evidente que os dous sectores implicados, os arquitectos dunha banda e a Consellaría de Política Territorial pola outra, organicen un congreso sobre Urbanismo e litoral con destacados urbanistas, sociólogos e arquitectos.
A vaca que todos muxen
O turismo gaña en Galicia o peso que perde no resto do Estado. Entre 1999 e 2004 o turismo incrementou en dúas décimas o que achega ao Produto Interior Bruto. E isto espertou en propietarios, promotores e construtores o seu instinto mercantil e comezou o chamado boom urbanístico. A época de bonanza económica constrastaba coas denuncias dos colectivos ecoloxistas que ollaban cara outras zonas do Estado para denunciar que se estaba a mimetizar un modelo negativo e fracasado. Pero, como conciliar os intereses mercantís da iniciativa pública coa defensa do medio do sector público? Para Rinio Bruttomesso,arquitecto e urbanista presente no congreso que tivo lugar esta fin de semana, o gran reto é, antes de todo, cultural. O turismo de hoxe ten uns niveis de esixencia superiores aos que se precisaba hai uns anos. Hai que entender, explica Rinio, que o turismo é unha industria que permite un desenvolvemento rápido sen que se precise dun gran capital. Á bonanza dos primeiros anos, derivou unha construción sen grandes esixencias e pretensións, para satisfacer a eses primeiros visitantes que querían ter o seu piso ao lado da costa. Pero agora é importante o desafío cultural, somos máis esixentes, e iso implica que se debe facer un urbanismo respectuoso co medio. Para Rinio nese urbanismo cómpre unhas mínimas garantías e é aquí onde entra o sector público. A administración debe definir os obxectivos, o programa de ordenación atendendo ao seu medio, aos seus recursos, ás súas posibilidades e ás necesidades da súa poboación. Iso si, ao mesmo tempo ha de facer un control para que todo se axuste ao planificado. Unha análise na que tamén coincide Jordi Borja, sociólogo, xeógrafo e coñecido urbanista catalá que considera que a clave é a negociación. A xente ten valores e intereses, pero os primeiros quedan mediatizados polos segundos. Agora ben, hai unhas normas, unhas políticas públicas que impoñen uns criterios e unhas limitacións e permiten que os valores sexan realizados.
As medidas do cambio
Celestino García Braña, presidente do Colexio de Arquitectos de Galicia considera que no contexto actual hai tres factores determinantes. En primeiro lugar, cómpre percibir o que acontece, a demanda urbanística, como algo positivo porque supón a posta en valor do noso litoral. En segundo lugar, a lexislación actual que rexe aos concellos está atrasada e non é quen de dar resposta ás necesidades do presente. Por último, é moi importante definir o interese público, e combinar a súa apetecibilidade como lugar de desenvolvemento turístico teña continuidade a longo prazo e sexa respectuoso co medio.
Esa actualización normativa que demanda o presidente do Colexio de Arquitectos e na que xa se están a dar os primeiros pasos. Dunha banda, representantes da Xunta e da Federación de Municipios asinaron un convenio para poñer en marcha a Axencia para a protección da Legalidade Urbanística. Trátase dunha entidade que vela polo cumprimento do ordenamento xurídico para evitar un urbanismo incontrolado. Non será a única institución que se acaba de constituír para mellorar a situación, xa que a Xunta acaba de anunciar a creación do Instituto de Estudos do Territorio, un órgano consultivo ao que os concellos poderán remitir as súas consultas para a elaboración, xestión e correcta execución do seu plan de ordenación urbanística. É unha das medidas anunciadas a semana pasada pola conselleira de Política Territorial, María José Caride no avance da Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral de Galicia que presentará proximamente no Parlamento.
Entre as novidades dadas a coñecer, a máis notoria é a prohibición de construír a cincocentos metros do litoral. Xunto con esta medida figura cun actuacións que pretenden actuar na prevención de incendios forestais. Entre elas, está a obrigatoriedade de manter limpas as fincas e parcelas non edificadas ou a distancia de catrocentos metros entre as urbanizacións e terreos forestais ou agrícolas. En todo caso, esta medidas aplicaranse naqueles municipios costeiros que non teñan o aprobado o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) adecuado á lei 9/2002, máis coñecida como Lei do Solo.
En todo caso, queda claro que o urbanismo no litoral é un problema que abrangue moitas frontes, cuxos intereses é necesario conciliar para que o desenvolvemento económico non este rifado coa sustentabilidade do medio.