Un congreso analizará as novas tendencias non líricas na poesía

O encontro internacional celebrarase en Vigo entre os días 26 e 27 de abril

14/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Discursos Non Líricos na Poesía Contemporánea: Espazos, Suxeitos, Medialidade é o título do congreso internacional que se celebrará en Vigo os vindeiros días 26 e 27 de abril. O proxecto, coordinado por Burghard Baltrusch, analizará cuestións como a poesía na esfera pública, a súa relación coas institucións e a economía, o marco espacial da comunicación poética, os novos discursos poéticos ou a poesía como ensaio entre outras moitas cuestións. A iniciativa conta coa colaboración do Grupo Alea de Análise Poética da Universidade de Santiago, coordinado por Arturo Casas e responsables do web Poesiagalega.org.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Vigo, Arturo Casas, Economía...