Nace poesiagalega.org, un espazo para repensar o xénero

O Grupo Alea de Análise Poética desenvolve o proxecto en colaboración co Consello da Cultura

26/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un web dedicado a difundir e repensar a poesía desde novos esquemas. Este é o obxectivo de poesiagalega.org, un proxecto do Grupo Alea de Análise Poética, vencellado á facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, que se vai presentar o vindeiro 11 de febreiro no Consello da Cultura Galega. A institución achegou o soporte técnico a este web, que achega contidos como gravacións das xornadas Translittera, artigos sobre este xénero, recensións e mesmo poemarios completos. Segundo Arturo Casas, coordinador da iniciativa, a idea base é "facer un discurso máis plurar sobre poesía e unir forzas para sacar máis rendemento".

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Poesía, Arturo Casas, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Conceptos