Poesiagalega.org nace con vontade de ser un referente da lírica galega

O proxecto é unha colaboración entre o Grupo Alea de Análise Poética e o Consello da Cultura Galega

11/2/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un repositorio sobre a poesía feita no noso país nos últimos dous séculos. Esta é a intención coa que nace Poesíagalega.org, o web que se pretentaba esta mañá no Consello da Cultura Galega. A iniciativa xorde baixo o amparo tecnolóxico da plataforma Culturagalega.org mediante un acordo de colaboración entre o Grupo Alea de Análise Poética (GAAP), coordinado por Arturo Casas, e mais o Consello da Cultura Galega. Segundo explica o GAAP, este web “representa o resultado inicial dun traballo de colaboración en proceso que, a medida que incremente contidos e información, está chamado a constituírse nun dos lugares de referencia para o estudo e a investigación da poesía e a literatura galegas contemporáneas no espazo cultural de seu e nun marco amplo de relacións interculturais”.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Poesía, Arturo Casas, Literatura...