Poesiagalega.org muda o seu ritmo

A desaparición do financiamento do proxecto dará nunha menor actualización do web

5/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A finalización do financiamento trianual da Xunta de Galicia fai que o proxecto Poesiagalega.org feche unha etapa. Segundo publica o portal do Grupo Alea de Análise Poética, "a actualización de contidos do repositorio dixital diminuirá sensibelmente por mor da dispersión do equipo, que nalgúns casos supuxo ademais a perda de postos de traballo". Malia a que se deixará de actualizar a axenda do web e de que non se publicarán novos números da Revista de Poesía todos os contidos da base de datos continuarán a disposición do público.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos