Galicia é a sexta comunidade con mais empresas de arqueoloxía

Unha tese galega analiza por vez primeira este sector a nivel estatal

7/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Innovación y emergencia de un servicio intensivo en conocimiento: el caso de la Arqueología comercial, é o título da tese da coruñesa Eva Parga, investigadora do CSIC. No seu traballo, a autora analiza por vez primeira as empresas de arqueoloxía, e sinala que no noso país existen 22 firmas dedicadas a este ámbito, o que nos sitúa no sexto posto a nivel estatal. O texto revela ademais que a crise provocou un descenso na creación de novas empresas neste ámbito, e que, a nivel galego, a maior parte das mesmas (14), están radicadas na Coruña. Segundo os datos de Parga, na maior parte dos casos son empresas de pequeno tamano e cun persoal altamente cualificado.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

13/04/2011

Negocios co pasado

O sector arqueolóxico comercial ten pendente a súa consolidación en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, CSIC, A Coruña

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares