A crise provoca un descenso do 8,5 por cento nos traballadores do sector cultural

A Fundación Caixa Galicia presentou onte o informe O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia

29/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Unha análise exhaustiva da situación das empresas culturais do noso país. Este é, basicamente, o contido de O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia, o volume que presentaba onte a Fundación Caixa Galicia en Compostela. A obra, que conta con colaboracións como as de Eloi Caldeiro, Francisco Campos, Víctor Freixanes, David Barro ou o defunto Xan Bouzada, analiza polo miúdo o panorama do sector cultural no noso país, e sinala cuestións como o incremento de empresas culturais entre 2008 e 2009 (un 3,8% máis). Ao tempo, o informe revela un descenso do 8,5% no número de empregados neste sector desde xaneiro de 2009, ao parecer por mor dos efectos da crise económica.

Do mesmo xeito, o documento permite coñece a localización de moitas das nosas industrias culturais e achega datos curiosos como o grande aumento da produción editorial que se deu na última década, e que case iguala as publicacións feitas no noso país ao longo do último século.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

20/05/2014

O panorama empresarial

O número de empresas culturais non diminúe malia ao impacto económico da crise no sector

27/02/2012

Entre a nómina e a factura

Analizamos os datos de emprego do informe As industrias creativas en Galicia e o Norte de Portugal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, David Barro, Santiago de Compostela