As vendas de libros descen un 6 por cento

En Galicia a novela negra sitúase por riba da literatura infantil

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As vendas de libros desceron a nivel estatal un 6% en 2008 a respecto do ano anterior. Ao tempo, as exportacións diminuíron un 10%, segundo os datos que fixo públicos a Federación de Gremios de Editores, que inclúe as empresas galegas neste campo. Ao tempo, segundo publica La Voz de Galicia no noso país a novela desprazou a literatura infantil en canto a títulos máis vendidos. Máis concretamente, na consulta aos libreiros que fai este xornal, revélase que a obra A praia dos afogados de Domingo Villar é a obra con maior éxito na actualidade. Pola súa banda o Observatorio da Cultura Galega detectou un incremento destacado no número de títulos que se publicaron en todo o estado no primeiro trimestre de 2009, xa que neses meses saíron á luz 25.708 títulos a nível estatal fronte aos 21.755 do mesmo período no ano anterior, segundo os datos do ISBN.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Domingo Villar, Editores, Federación de Gremios de Editores...