Galicia publicou 2.274 títulos en 2014

Os datos do ISBN apuntan que é das poucas comunidades nas que medra a produción

28/1/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A produción editorial galega no pasado ano incrementouse, segundo os datos do ISBN que daba a coñecer onte a Federación de Gremios de Editores de España. A contrariar a tendencia xeral, en Galicia editáronse 2.274 títulos nese ano fronte aos 2.083 do anterior. Ademais, deuse un destacado incremento da edición dixital, formato no que saíron 483 obras, máis do dobre que en 2013. A produción editorial galega sitúase así no quinto posto a nivel estatal, por tras de Madrid, Cataluña, Valencia e Andalucía.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Federación de Gremios de Editores, Andalucía, Valencia...