Habitualmente asociamos o traballo arqueolóxico a universidades e institucións públicas que escavan na busca de novas respostas sobre o noso pasado. No entanto, existen empresas que teñen neste ámbito o seu negocio. O seu traballo, a miúdo calado e pouco recoñecido, supón unha boa parte das achegas que esta disciplina fai á Historia de Galicia.
"O traballo das empresas é fundamental tanto a nivel cuantitativo como cualitativo", explica o Director Xeral de Patrimonio, Felipe Arias. "Se pensamos na cantidade de Patrimonio Arqueolóxico que se ve afectado polas obras públicas ou polas que se desenvolven nos cascos históricos de vilas e cidades, vemos que cómpren as empresas e que cómpre que fagan un bo traballo". En total, na ConsellarÃa listan 24 empresas que escavan o noso pasado, ás que aÃnda se debe sumar 28 arqueólogos autónomos e outras firmas que non figuren neste listado. Neste sentido, o desenvolvemento lexislativo tivo moito que ver na creación e multiplicación destas firmas. E é que as esixencias establecidas pola Lei do Patrimonio de Galicia de 1995 e o posterior regulamento sobre a actividade arqueolóxica supoñen unha boa parte dos ingresos destas firmas. Canda a isto, a lei 6/2001, que establece a necesidade de estudos de impacto ambiental é o outro grande texto que inflúe no seu traballo. Deste xeito, Arias salienta que "a maior parte das empresas naceron nos últimos quince anos tamén pola propia dinámica da arqueoloxÃa e da sociedade, hai tamén máis obras públicas e un auxe urbanÃstico".
Urbanismo arqueolóxico
Deste xeito, cuestións coma os plans de ordenación municipal son unha das principais fontes de traballo para o sector. Segundo nos explica Isabel Salvador, xerente da empresa Ambiotec, "dentro da elaboración dos Plans de Ordenación Urbana, un dos cometidos que abordamos é designar os bens que se deben protexer. Entón facemos un inventario de bens do concello de tipo arqueolóxico, arquitectónico, etnográfico ou cultural, tendo en conta a súa combinación paisaxÃstica e ambiental", completa. É a partir destes traballos que se establecen as diferentes zonas de protección das que gozan determinadas áreas. "Isto afecta ao desenvolvemento urbanÃstico dos concellos e mais aos particulares". De feito, debemos pensar que algunhas destas áreas, as definidas como de cautela arqueolóxica, van ser precisamente aquelas nas que cumprirá facer escavacións cando, a posteriori, se fagan alà obras. Neste sentido, o director xeral de Patrimonio lembra que "os traballos deste tipo teñen unha repercusión posterior na xestión do ben arqueolóxico. Se ben hai moitos depósitos que se documentan e con iso remata o proceso, noutros casos vemos que se poden pór en valor e mesmo darlle un emprego social ou cultural".
Antes das máquinas
Para alén destas actuacións para os concellos, a outra grande liña de traballo que exercen estas empresas céntrase nos estudos de impacto das grandes obras. "Nas grandes infraestruturas como estradas, ferrocarrÃs ou portos, antes de elaborar o proxecto, procuramos facer unha revisión do territorio vendo condicionantes ambientais ou patrimoniais e logo pasámosllo á empresa para que os considere", explÃcanos Salvador. AÃnda que nestas fases non é común que se desenvolvan catas arqueolóxicas, hai casos nos que o interese da zona anima a desenvolver este tipo de traballos. Despois desta primeira fase, e unha vez elaborado o proxecto, pode darse a necesidade de desenvolver medidas correctoras ou de investigación. "O máis común é que haxa que facer un control arqueolóxico do movemento de terras. Isto faise normalmente nas fases previas do traballo, cando se limpa o terreo e antes de que entre a maquinaria", completa esta empresaria. "AÃnda que non aparecese nada no traballo anterior nin haxa previsión de que apareza, non podes descartar que haxa algo".
Os clientes e os restos
En sabendo que son as empresas responsables da elaboración dos planos e das obras os encargados de pagar os traballos arqueolóxicos, non é de estrañar que a aparición de restos non sempre sexa unha boa nova para eles. "Ao cliente moitas veces non lle gusta. É como se vas ao médico e aparece un tumor no estómago: hai que o dicir. Sobre todo é unha cuestión ética, o traballar o mellor posible e buscar as mellores solucións para todos. Ademais, para os que traballamos nisto, se queremos seguir, máis nos vale facelo ben". Nese sentido, deste Ambiotec sinalan que tanto lles supón, en canto a beneficios atopar un depósito grande que garanta traballo varios meses como desenvolver varios traballos sen achados destacados. "A arqueoloxÃa non se pensa en termos estritamente económicos. Se programas ben unha intervención pequena aseguras que vas ter outros traballos no futuro. Se atopas un depósito grande tamén aseguras o traballo. Pero a xente que traballa nisto son namorados da profesión e o que busca é facer as cousas ben e poder ir tranquilo para a cama".
Divulgación
En falando desta paixón pola disciplina, deste Ambiotec explÃcannos o seu interese polas actividades de divulgación do patrimonio. "É unha cuestión de militancia. Se ao acabarmos sobraron cartos, tentamos facer algo". Visitas aos institutos da zona con carteis ou con reprodución de pezas que os alumnos poidan tocar, conferencias ou visitas ás escavación son algunhas das propostas que desenvolven. "Se non transfires o que significa o patrimonio é moi difÃcil que a xente se involucre. A resposta é moi gratificante, aÃnda que economicamente estas actividades resultan un desastre", completa.
A eiva da publicación
O enfoque eminentemente práctico da actividade arqueolóxica das empresas provoca que, normalmente, os seus traballadores non poidan desenvolver unha actividade de investigación tan exhaustiva nin que publiquen os seus resultados no xeito en que o fan universidades ou outras institucións. "Nós temos publicado cousas, pero é moito esforzo", lembran desde Ambiotec. "Nalgunha ocasión aproveitamos os encartes que editan as construtoras cando inauguran unha obra para introducir neles textos sobre o que apareceu, pero faise menos investigación do que nos gustarÃa". Polo xeral, o que xeran os traballos destas empresas son memorias que consisten en fichas normativizadas sobre o que van atopando. "Unha vez que atopas un depósito e o catalogas pasa a formar parte do inventario da Xunta, ao que calquera pode ter acceso", explica Salvador. "Dun traballo de prospección dunha obra podemos inventariar, como termo medio, uns corenta elementos novos, entón non hai tempo para publicarmos todo o que se atopa nun ano", sinalan desde Ambiotec. Recentemente saÃa á luz que precisamente esta empresa fixera en 2003 o achado dunhas ferramentas paleolÃticas en Quiroga que, ao non ser publicado alén da correspondente memoria a Patrimonio non era coñecido polos investigadores que na actualidade traballan na zona.
Propostas desde Patrimonio
Desde Patrimonio, Arias recoñece a dificultade para pór a disposición do público todo este material, e adianta vindeiras medidas para pór remedio ás posibles dificultades para acceder a el. "O volume que xeran as empresas é tal que é moi difÃcil manter unha publicación ao dÃa. Entón queremos publicar isto en formato pdf, de xeito que todo sexa accesible sen necesidade de publicar libros". Canda a isto, o director xeral ten clara a necesidade de actuar tamén sobre as limitacións do sector privado de cara á investigación. "Esa é unha eiva á que lle queremos pór couto. Temos que tender a que as empresas non fiquen na simple prospección, senón que e elaboren memorias de investigación e que estas saian publicadas. Haberá que pór os medios entre todos, desde os promotores ata a propia administración, para acadalo, e se cómpre que contraten máis xente haberá que o facer". Ficamos á espreita, pendentes de canto pode avanzar o noso coñecemento histórico de se acadar eses pasos.