Achegarte reúne a creación cultural do país na Coruña

Presentacións e debates centran o programa que se desenvolverá ao longo da fin de semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Presentacións dos últimos lanzamentos discográficos, literarios e audiovisuais. Debates sobre o estado da xestión cultural e o asociacionismo. Encontros con creadores. O programa que presenta o encontro Achegarte esta fin de semana no encontro Palexco da Coruña pretende amosar o panorama creativo no noso país, cun total de 120 propostas culturais. Concertos, proxeccións e obradoiros fan parte desta iniciativa, dirixida fundamentalmente ao público familiar, e que organiza o Concello da Coruña. No feche presentaranse as conclusións do foro sobre o estado da cultura que se está a realizar de xeito paralelo ao evento.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O manifesto Achegarte

O manifesto Achegarte

O Foro sobre o estado da cultura reclama un espazo normalizado en galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PALEXCO, Concello da Coruña

Claves

Lugares