A Coruña acollerá en abril unha nova edición do encontro Achegarte

O evento, nado como continuidade do Culturgal, quérelle dar máis protagonismo a asociacións e creadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Cartel de Achegarte 2011

Cartel de Achegarte 2011

Nado en 2009 como continuidade do Culturgal, nun momento no que a Xunta renunciara á celebración deste evento, o encontro Achegarte volta á Coruña. Organizado pola Concellaría de Cultura, os días 2 e 3 de abril Palexco acollerá un evento que quere darlle un maior protagonismo ás asociacións e á cultura de base, así como aos creadores do noso país. No encontro, ademais de postos de venda e de promoción, haberá debates, proxeccións, concertos e presentacións de todo tipo. Ademais, desenvolverase o ciclo de diálogos Cara a cara entre diferentes creadores, ou o Foro Galego sobre o estado da Cultura, entre outras iniciativas.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O manifesto Achegarte

O manifesto Achegarte

O Foro sobre o estado da cultura reclama un espazo normalizado en galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Culturgal, A Coruña, PALEXCO

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares