O CGAC e o CHUS desenvolven un proxecto artístico para mellorar o ingreso hospitalario

Mónica Alonso traslada a súa experiencia no estudo da arte e os espazos terapéuticos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Non é un proxecto de arteterapia porque non emprega a creación artística como ferramenta nun proceso de curación, senón que é máis ben un proxecto de investigación artística que, desde un punto de vista pseudocientífico, ten finalidade terapéutica. Algo mais que color é a iniciativa que pretende que os futuros pais que pasen polo Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) poidan re-crear a habitación ideal na que lles gustaría ter aos seus fillos, a través das modificacións que fagan sobre unha maqueta a escala da habitación que ocupan. O proxecto conta coa participación de múltiples entidades (desde o propio hospital ata asociacións que xa traballan neste eido e o CGAC). Poñerase en marcha no mes de abril e densevolverase ata finais de ano. O deseño da terapia corre a cargo da artista lucense Mónica Alonso, que leva toda a súa traxectoria investigando sobre a cor e as cualidades terapeuticas dos espazos (e dalgúns obxectos concretos como a cama). “O obxectivo é este proxecto se acabe convertendo nunha rutina hospitalaria máis e, se fóra posible, que sirva a futuros arquitectos para facer máis cómodo a estadía nun hospital” puntualizou a artista lucense.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Da cor á cama

Da cor á cama

Unha exposición sintetiza o universo creativo de Mónica Alonso

A cama como propósito

A Galería SCQ explora novos formatos cunha intervención de Mónica Alonso

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mónica Alonso, Asociacións, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)