Mónica Alonso reflexiona sobre a temperatura en Frío, a mostra que estrea na galería SCQ

A exposición é o contrapunto doutra chamada Calor, que estreou en Italia

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Vista 1

Vista 1

A temperatura é unha das constantes na obra de Mónica Alonso. A artista lucense parte das teses de Emile Durkheim que defenden que as temperaturas estremas favorecen a alienación mental para reflexionar sobre os contrastes estacionais. Por iso, en xuño deste ano inaugurou en Salerno o seu proxecto Calor no que reflexionaba a partir de máquinas e instalacións. Agora, estrea en SCQ (desde hoxe ata o 25 de outubro) a outra dimensión da temperatura: o frío. Nesta mostra fai unha investigación sobre psicoloxía do frío, o estado emocional da frialdade e do indiferente. Por iso, a artista busca as cores azuis e brancas e as esquinas do espazo da galería para transmitir o frío.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Da cor á cama

Da cor á cama

Unha exposición sintetiza o universo creativo de Mónica Alonso

A cama como propósito

A Galería SCQ explora novos formatos cunha intervención de Mónica Alonso

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mónica Alonso, Galería, Italia

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares