A cama como propósito

A Galería SCQ explora novos formatos cunha intervención de Mónica Alonso

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:

Mónica Alonso (A Fonsagrada, 1970) fixo unha parada no seu ritmo de traballo para exhibir na Galería SCQ de Santiago A urna funeraria. A última cama. Continuando coa súa liña de traballo a medio camiño entre a escultura e a arquitectura, Alonso volve reflexionar sobre a cama. Agora para buscar o contorno e a cor ideal para o descanso na que será a última cama. A Galería SCQ, sempre na procura de novos formatos para achegar a obra da artista ao público, acolleu a presentación deste proxecto personalizable para clientes (cor, texturas, materiais...) que serviu ao mesmo tempo para facer unha recalada no traballo de Mónica Alonso.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Da cor á cama

Da cor á cama

Unha exposición sintetiza o universo creativo de Mónica Alonso

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mónica Alonso, Galería, Arquitectura, Fonsagrada

Claves

Protagonistas
Lugares