As posibilidades terapéuticas da arte son o eixe con que Mónica Alonso presenta na galerÃa compostelá SCQ Estabilizadores corporais. A mostra afonda na liña de traballo desta creadora de empregar as pezas artÃsticas como ferramenta para combatir doenzas emocionais. Corazóns cos que vencellar o propio para paliar sufrimentos fÃsicos e emocionais, baños de luces, xogos cromáticos e pequenos cuartos fan parte deste proxecto, que se pode visitar ata o vindeiro 17 de abril.