Vigo converterase na capital da arte contemporánea da man de Espacio Atlántico

Esta edición homenaxeará ao artista Manolo Paz

28/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

“Cita obrigada da arte contemporánea”. Así definiu Roberto Varela, conselleiro de Cultura, a quinta edición da feira de arte contemporánea Espacio Atlántico. Un encontro que se desenvolverá en Vigo do 1 ao 10 de abril e que contará coa presenza de 40 galerías do conxunto da península. A programación deste encontro contará con 5 project room, unha sección dedicada ao debuxo contemporáneo, Expanding Drawing, mesas de debate sobre coleccionismo, o propio Programa Coleccionistas, unha exposición-homenaxe a Manolo Paz. Neste edición, a feira contará coa participación da Feria Loop de Barcelona e da Cidade da Cultura de Galicia.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Atlántico, Manolo Paz, Feira...