Falece Valentín Arias

Foi responsable de destacadas traducións ao galego e desenvolveu un intenso labor cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Foi un dos pais da Asociación de Tradutores Galegos, xerente da editorial Galaxia e asinou as traducións para o galego dalgúns títulos fundamentais da literatura. Valentín Arias falecía o pasado venres en Lugo aos 77 anos de iadade. Deixa tras de si unha importante pegada nas nosas letras, con obras como A lingua galega na escola, A escola rural en Galicia, Lois e Sabela ou Como se fai um libro?. Entre outras traducións, asinou as versións galegas de obras como As aventuras de Tintín (Hergé), Viaxe ó centro da terra (Verne), Voo de noite (Saint-Exupéry), O xardín (M. Duras) ou O estranxeiro (Camus).

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sabela, Tintín, Literatura, Lingua galega...