A Asociación de Tradutores advirte que o crecemento da produción propia mingua a presenza de traducións nas nosas letras

Máis da casa, menos de fóra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Só un 5,8% dos libros que se publicaron en galego durante o 2001 foron traducións. A partir destes datos, Xosé María Gómez Clemente, que preside a Asociación de Tradutores Galegos, advertiu que “a medida que aumenta a produción en galego diminúen as traducións”. Clemente fixo esta análise no marco do Seminario que a Asociación de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia (AULIGA) organiza en Rianxo. Ademais, o presidente dos tradutores apuntou a preeminencia da literatura infantil nas traducións e a escaseza de obras técnicas e científicas vertidas para o noso idioma.

Máis información en Galicia Hoxe e no web de AULIGA; o noso tema sobre traducións

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Gómez Clemente, Xosé María Gómez Clemente, Literatura, Galicia Hoxe...