Auliga reúne en Rianxo a case vinte especialistas de tradución e poesía nun seminario internacional

Tradución e poética

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Entre o 10 e o 12 de novembro a Asociación de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia –Auliga- celebra en Rianxo a sexta edición do seu Seminario Internacional de Tradución e Poética. Este evento centra os seus encontros arredor dos creadores nas linguas española, galega e portuguesa, alén doutras convidadas para a ocasión, como é o caso do poeta francés Bernard Noël. Nos tres días do seminario reuniranse na vila coruñesa expertos en tradución e poesía que estudarán diferentes problemáticas e singularidades destes dous ámbitos. No seminario preséntanse as obras xa traducidas, do galego ao francés, dos autores Ánxeles Penas e Miguel Anxo Fernán-Vello, e do italiano ao galego, de Fabio Scotto. Realízase ademais un Obradoiro de Escrita (orientado ao público asistente e a alumnos de Bacharelato) e Tradución.

Máis información no sitio de Auliga

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Poesía, Rianxo, Bacharelato...