Comeza en Rianxo o IX Seminario Internacional de Tradución e Poética

O encontro céntrase nos Eidos poéticos na lingua e pensamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia, AULIGA, organiza mañá en Rianxo o IX Seminario Internacional de Tradución e Poética. Este encontro reunirá vinte especialistas de diferentes países para reflexionar sobre Eidos poéticos na lingua e pensamento. O encontro céntrase na creación en galego, castelán e portugués, e conta nesta ocasión con inglés como lingua convidada. O prestixioso poeta Richard Burns impartirá o obradoiro A vivencia do ritmo e mais unha conferencia. Canda a el, destacan no programa os catedráticos Ángel López García e Manuel Jiménez Redondo.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Rianxo, Portugués, Obradoiro

Claves

Lugares