O VIIIº Seminario Internacional de Tradución e Poética acollerá presentación de tres poemarios bilingües

Rianxo, capital da tradución

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Máis de vinte especialistas acudirán a Rianxo entre o mércores 14 e o sábado 17 de novembro para participar nos encontros, que este ano terán a filosofía como temática principal. O evento, organizado pola Asociación de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia, acollerá a presentación da edición bilingüe de tres poemarios nos idiomas galego e francés. Na oitava edición do Seminario Internacional presentaranse “Viaxes a ti/Voyages à toi” de Claudio Rodríguez-Fer, traducida do galego ao francés por María Lopo e Annick Boilève, e mais a “Obra poética” de Xosé María Álvarez Cáccamo, traducida á lingua gala por Xesús Pensado e Marie-Line Heslon. Doutra banda, Miguel Anxo Fernán-Vello exporá a súa tradución ao galego de ‘Verán lingua morta’, de Bernard Noël. O presidente de AULIGA, Antonio Domínguez Rey, lembrou que a edición de obras bilingües constitúe un dos principais obxectivos da asociación, xunto coa análise en Rianxo da actividade tradutora.

Maís información no web de AULIGA

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Rianxo, María Lopo, Xosé María Álvarez Cáccamo...