En 1979, a Deputación de Pontevedra concedeulle unha bolsa a Antón Lamazares (Lalín, 1954) que lle permitiu acudir a París a ampliar estudos. Este é o punto de inicio da exposición coa que esta mesma entidade, lle concede unha gran retrospectiva ao que é un dos artistas máis internacionais da creación contemporánea. Comisariada por Gloria Moure (a que foi a primeira directora do CGAC), a exposición presenta desde obras moi coñecidas do autor, ata inéditos sobre papel nunca vistas ata o de agora, como traballos que están en casas de coleccionistas privados. A exposición pode verse no Museo de Pontevedra ata o vindeiro 8 de maio.
Unha exposición revisa a traxectoria de Antón Lamazares
O Museo de Pontevedra acolle a mostra dun dos artistas máis relevantes da plástica galega
1 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Conceptos
Lugares


