Os novos valores piden paso nunha exposición no Museo de Pontevedra

Seis artistas recibiron tamén unha bolsa de 6.000 euros para completar a súa formación

| Santiago. Redacion | Seccións: Arte
Compartir:

É unha das exposicións que permiten testar o estado das promesas da creación contemporánea galega. A mostra Novos valores do Museo de Pontevedra abriu onte as súas portas nas que prestou unha atención máis destacada á fotografía (11 traballos deste xénero, fronte a 8 pinturas, 7 esculturas, 7 vídeos, 4 debuxos e 2 gravados). Son 40 obras doutros tantos artistas e dos que 6 (Miguel Cuba, Manuel Mas, Josefa Muruzábal, Miguel Núñez, Sheila Pazos e Iago Eireos) recibirán unha bolsa de 6.000 para completar a súa formación.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Xénero, Exposicións, Fotografía...