Os compositores, músicos e cantantes ocupan o posto 47 das profesións máis contratadas

As profesións relacionadas co ámbito cultural supuxeron o 1.53% de contratados en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeObservatorio
Compartir:

Das cen profesións máis contratadas en Galicia en 2010, segundo datos do Instituto Galego de Cualificacións (Consellaría de Traballo) que fai públicos o Observatorio da Cultura Galega, hai que chegar ata o posto número 47 para atopar unha relativa ao ámbito cultural. É a que ten que ver co epígrafe de “compositores, músicos e cantantes”. Por detrás dela, co posto 55, están os “actores e directores de cine, radio, televisión e de teatro e asimilados”, e nos lugares 77 e 93 están a de “músicos, cantantes e bailaríns de espectáculos en cabarés e similares” e “fotógrafos e operadores de equipos de gravación en imaxes e son”. As categorías relacionadas co ámbito de cultura suman 4.801 empregos, o que supón o 1.53% do total de contratados en Galicia en 2010.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cine, Observatorio da Cultura Galega

Claves

Conceptos