Dous galegos participarán na edición do Sónar que se celebra en Xapón

O Hostal dos Reis Católicos acollerá un concerto en beneficio dos damnificados de Xapón

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo de cinco anos da súa última visita e malia a situación que está a pasar Xapón nestas últimas semanas, os organizadores do Sónar decidiron manter a celebración da SonarSound Tokyo para os primeiros días de abril. O festival celebrarase tal e como estaba previsto (do 1 ao 3) no marco da sala ageHa (coñecida como Studio Coast) e contará con máis de vinte artistas entre os que estarán os galegosBFlecha e Mwslee. Ademais, a edición galega do Sónar destinará o 25% dos seus ingresos a Cruz Vermella de Xapón. Precisamente esta entidade, en colaboración con dúas músicas xaponesas (a pianista Haruna Takebe e a violinista Kiyoko Ohashi) que viven en Galicia organizan un concerto benéfico a favor dos damnificados esa fin de semana. Será no Hostal dos Reis Católicos e participarán arroupadas por membros da Real Filharmonía de Galicia.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Xúbilo no xantar

O Hostal dos Reis Católicos recrea un menú baseado na historia das peregrinacións

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xapón, Reis Católicos, Reis, Hostal dos Reis Católicos...