Os codirectores do Fórum Gastronómico, Pep Palau e Jaume von Arend presentaban esta mañá no Hostal dos Reis Católicos a terceira edición deste evento que se celebra en Compostela. Os produtos galegos e a cociña que se desenvolve no noso paÃs, que segundo os organizadores está nun dos seus mellores momentos, será un dos eixes fundamentais do evento, no que participarán arredor de 25 cociñeiros distinguidos con estrelas michelÃn. Como é habitual, o encontro contará cunha xornada aberta ao público xeral, domingo 26 de febreiro, e dúas centradas nos profesionais do sector.
O espazo para empresas no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, que acolle o evento, está xa cuberto nun 90%, e os organizadores non descartan amplialo para incluÃr novas empresas que queiran presentar os seus produtos. Ademais da mostra no evento celebraranse os xa habituais obradoiros con degustación abertos a públicos e profesionais, engadÃndose este ano a proposta da Aula activa, con sesións formativas de menor tamaño. Do mesmo xeito, manteranse as exhibicións no auditorio e a zona para nenos.
De xeito paralelo á programación principal, o recinto acolle tamén o Fórum Viño e o Fórum Dóce. En total o evento contará coa presenza de preto de 25 estrelas MichelÃn repartidas entre os cociñeiros participantes. Pola banda galega, está prevista a presenza de cociñeiros como Javier Olleros, Pepe Solla, Xosé Cannas, Marcelo Tejedor ou Alberto González.
O prezo de entrada para o público xeral será de 5 euros o domingo, mentres os profesionais deberán pagar 15. Os obradoiros e aulas teñen prazas restrinxidas e esixen pago por separado.