O Fórum Gastronómico Santiago’08 reinvidicará o papel cultural da cociña atlántica

Cociña entre focos

29/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
16 lecturas | Compartido 0 veces
Destacadas figuras da nova gastronomía global como Ferrán Adriá, Paul Cunningham, Seiji Yamamoto ou Stephane Buyens compartirán escenario cos cociñeiros galegos do Grupo Nove no Fórum Gastronómico Santiago’08 que, co tema “As cociñas do Atlántico”, intentará realzar o valor diferencial da gastronomía galega e dos países do arco atlántico. O Fórum Gastronómico presentou onte pola noite un intenso programa de cinco días con actividades para cociñeiros profesionales e para ‘gourmets’, un cento de empresas do sector, unha programación cultural paralela en diferentes escenarios da cidade, así como un encontro de blogueiros especializados en enogastronomía. Será o primeiro evento gastronómico destas dimensións que se realice en Galicia, e está organizado polos promotores do Forum Gastronómico de Vic (Girona), co que se alternará nos anos de celebración.

Máis información no web do Fórum Gastronómico.


Universo culturagalega.gal

18/02/2010

GastroAtlántida

O Fórum Gastronómico de Santiago 2010 comeza esta fin de semana ata o mércores

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares