Hoxe, cunha cea inaugural e a entrega dos Premios Picadillo, arrinca o Fórum Gastronómico 08 As cociñas do Atlántico, o principal evento arredor da cociña e o viño que se ten organizado en Galicia. Serán cinco intensos dÃas de actividades ao redor do feito gastronómico, desde presentacións de libros, obradoiros, catas e degustacións, presentacións de proxectos, conferencias e debates, asà como sesión maxistrais de cociñeiros de renome internacional, entre outras actividades. A cita é no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a partir deste sábado 18. No interior da noticia tes máis información.
Durante a fin de semana, o Pazo de Congresos de Santiago de Compostela concentrará un fervedoiro de cursos, catas e degustacións de produtos tradicionais, divulgación, obradoiros para nenos e sesións de cociña internacional e de cociña das rexións do Camiño de Santiago que pechará Toñi Vicente. Os visitantes tamén poderán visitar os máis de 100 stands de produtos e servizos enogastronómicos ou coñecer proxectos como o web “As Nosas Mans”, realizado polos alumnos da Facultade de CC. da Información.
O luns, martes e mércores será o momento para o espazo profesional. Máis de 500 profesionais están inscritos para asistir ás intervencións e sesións maxistrais de grandes estrelas da cociña internacional, como Seiji Yamamoto, Ferrán Adriá ou René Yedzepi. O luns tamén acollerá o I Encontro de Bloggers Enogastronómicos, que reúne a blogueiros de todo o Estado a reflexionar sobre o papel de Internet na nova gastronomÃa.