Os concellos conmemoran os 25 anos da súa declaración a prol do galego

O Hostal dos Reis Católicos acollía esta mañá o acto da FEGAMP

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Hai hoxe 25 anos, un cento de rexedoress de todo o país reuníanse na capital galega para asinar a Declaración dos alcaldes galegos reunidos en Santiago de Compostela. Neste texto, as corporacións locais reclamaban o apoio e a protección para a nosa lingua. Esta mañá, o Hostal dos Reis Católicos acollía un acto co que a Federación Galega de Municipios e Provincias e mais a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística lembraban aquela proposta. No encontro aprobouse tamén traballar a prol da introdución do galego no ámbito da policía local e mais da asesorías xurídicas.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis Católicos, Reis, Hostal dos Reis Católicos, Normalización Lingüística...