Chámase A táboa do Xubileo e é a proposta de recuperación da historia da gastronomÃa galega coa que o Hostal dos Reis Católicos quere celebrar o Xacobeo. Pratos coma o Caldo de Ollos, a Sardiña de Tabal en pan, o bacallau cecial con pisto de coliflor ou o Gallo de Pazo con Berza e ostras en escabeche son os pratos do menú co que o Parador pretende ofrecer aos seus clientes unha visión dos alimentos que rexÃan a vida do peregrino, baseados nun calendario de orde relixiosa. O menú, deseñado coa colaboración dos expertos na historia da gastronomÃa galega Xavier Castro e Miguel Vila, "toma en consideración a historia milenaria do Camiño de Santiago, se ben pon certa énfase na súa etapa de apoxeo medieval", segundo indica Xavier Castro. Unha nova proposta de actualización da historia da gastronomÃa galega.