Santo Estevo convértese no primeiro Parador Museo de España

Paradores potenciará a singualidade dos seus edificios con folletos e paneis informativos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Detalle dun dos folletos informativos

Detalle dun dos folletos informativos

Comparten o feito de ser edificios históricos (catalogados e protexidos) co seu estatus de edificios hostaleiros. Pero desde hoxe serán tamén museos. Paradores presentou hoxe o seu proxecto de musealización dos seus edificios máis singulares como “Parador Museo” tanto para os seus clientes como para o público xeral. O cambio implica que os complexos contarán con folletos, mapas e paneis informativos sobre a súa singularidade, as lendas e a súa historia. O mosteiro de Santo Estevo é o primeiro en conseguir este distintivo ao que lle seguirá o Hostal dos Reis Católicos en Santiago (que pretenden que sexa para xaneiro de 2010). Miguel Martínez, presidente de Paradores, explicou que a iniciativa que ten entre os seus obxectivos “contribuir á difusión da arte e da historia de España”. Ademais, aclarou que o proxecto de musealización segue un rigoroso proceso de documentación que desenvolve un equipo de xornalistas de Paradores.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis Católicos, Reis, Museos, Hostal dos Reis Católicos

Claves

Protagonistas
Conceptos