Os paradores de Santo Estevo e Monforte abrirán as súas portas todo o ano

Horario continuado

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Ata o de agora, os paradores de Santo Estevo e Monforte abrían só un par de meses en todo o ano. Sen embargo, o conselleiro de Innovación, Fernando Blanco e o presidente de Paradores, Antoni Costa, acordaron onte revocar esa situación e decidir que dous dos centros que pechaban as súas portas non o fagan para mellorar a oferta turística. A medida farase efectiva de xeito inmediato para o parador de Monforte, mentres que o de Santo Estevo abrirá de forma continuada a partir do vindeiro ano. Ademais, o conselleiro avanzou que están en negociacións co concello de Muxía para axilizar os trámites que permitan ceder os terreos para a construción do parador da Costa da Morte.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, El Correo Gallego, Muxía, Costa da Morte

Claves

Entidades
Conceptos