Villares fala do papel da escena na construcción da cultura galega no manifesto polo Día Mundial do Teatro

Lerá o documento no transcurso da gala dos premios María Casares

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Vista da gala da XIV edición, en 2010

Vista da gala da XIV edición, en 2010

Foi a primeira cidade galega con cultura urbana, acolleu a primeira representación en Galicia da peza teatral en Galego “A fonte do xuramento” e foi o lugar no que naceu María Casares, a gran actriz galega que da nome aos premios do teatro galego. Así destaca Ramón Villares, o historiador e presidente do Consello da Cultura Galega, a relación que as artes escénicas gardan coa Coruña. Trátase da cidade na que hoxe (retransmitidos pola TVG2, 22:45 horas) se entregarán os galardóns que premian a produción teatral galega. O manifesto, que se lerá no transcurso da gala, tamén fai referencia ao papel que as artes escénicas contribuíron en prol da construcción da identidade galega. A gran favorita dos premios é a obra Un cranio furado, de Producións Excéntricas, que opta a 10 categorías, seguida polas sete candidaturas de Memoria de Helena e María, de Teatro do Atlántico, e mais de As actas escuras do Centro Dramático Galego.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Candidatos para María

Candidatos para María

Sarabela Teatro, con doce candidaturas, é a gran favorita dos María Casares

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, María Casares, Artes Escénicas, Día Mundial do Teatro...