Un circo de seres fantásticos ambientará a entrega de premios do teatro galego

O Teatro Rosalía acollerá a vindeira semana os XV Premios María Casares

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Bailarinas, trapecistas, acróbatas, monologuistas e clown acompañarán ao Doutor Crisé (Gonçalo Guerreiro) e ao seu axudante Casemorro (Pedro Brandariz) na entrega dos galardóns do teatro galego. É a liña temática escollida este ano para os María Casares, a gala que premia a produción escénica do ano 2010 repartido en 13 categorías. A cita terá lugar o vindeiro mércores 23 de marzo e a dirección do espectáculo corre a cargo de Carlos Sante e de Juanillo Esteban. A gran favorita desta edición é a obra Un cranio furado, de Producións Excéntricas, que opta a 10 categorías, seguida polas sete candidaturas de Memoria de Helena e María, de Teatro do Atlántico, e mais de As actas escuras do Centro Dramático Galego.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Candidatos para María

Candidatos para María

Sarabela Teatro, con doce candidaturas, é a gran favorita dos María Casares

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, María Casares, Premios María Casares, Pedro Brandariz...