Candidatos para María

Sarabela Teatro, con doce candidaturas, é a gran favorita dos María Casares

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Finalistas dos XIV Premios María Casares

Finalistas dos XIV Premios María Casares

Música en directo, dez actores, trece anos despois de intepretala por primeira vez e doce candidaturas. A adaptación da novela de Eduardo Blanco Amor, A Esmorga, a cargo de Sarabela Teatro é a máxima favorita para os María Casares, o grandes premios do teatro galego. A obra dirixida por Ánxeles Cuña é finalista en todas as categorías nas que se podía presentar (menos a de mellor texto orixinal). Séguelle outa adaptación, O segredo dos Hoffman, con sete candidaturas (destacan a de mellor dirección, espectáculo, actriz protagonista e secundaria, actor secundario) e Palabras Encadeadas con catro. Os gañadores saberanse na gala de entrega de premios que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), o vindeiro 24 de marzo.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, María Casares, Sarabela Teatro, Rosalía de Castro...