O Parlamento insta á Xunta a promover o libro dixital

Escasas propostas de ámbito cultural aprobadas no marco do debate sobre o Estado da Autonomía

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O peche do debate sobre o Estado da Autonomía deu lugar a escasas propostas aprobadas no ámbito da cultura e a educación. No caso do galego aprobouse unha proposta que incide en promover o uso do noso idioma na Administración, aumentar o prestixio social do galego e colaborar cos concellos para potenciar o uso da lingua. No ámbito da cultura aprobouse unha moción en prol do libro dixital na Biblioteca e no Arquivo de Galicia, así como potenciar medidas para impulsar o acceso dixital á información, difusión e venda do libro galego. En educación, o horizonte é que no 2015 o financiamento universitario chege ao 1% do PIB.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, PIB, Arquivo de Galicia, Lingua galega...