Agadic impulsará a unificación de todos os clústers do sector cultural

Varela presentou no Consello da Xunta un informe para potenciar as industrias da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Tomando como base un informe que encargaron no ano 2010 a unha consultora privada (o documento chamábase As cifras da industria cultural e a empresa que o realizou era EOSA) o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou ao Consello da Xunta un informe para dinamizar o sector cultural galego. Ese documento, que ofrece dez propostas de actuación, marca as guías de actuación de Agadic para os vindeiros anos que van desde “impulsar a competitividade e profesionalización do capital humano ata a adaptación e o aproveitamento no ámbito das novas tecnoloxías”. Entre as medidas, destaca a proposta de fundir nunha única entidade todos os clústers actuais que operan no ámbito do sector cultural para que se “convirta en interlocutor principal ante a Administración pública”.

Segundo a referencia do Consello da Xunta, Agadic canlizará fondos europeos para a súa proposta e dotará de “programas específicos de acceso aos mercados internacionais”. O informe destaca novas fórmulas de apoio ás empresas que pasan pola co-creación (intercambio de experiencias e oportunidades de negocios) ou o crowdfunding (creación de plataformas financiadas por microachegas de particulares).

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Axencia Galega das Industrias Culturais