“Partiamos de cero e necesitabamos coñecer exactamente canto factura cada un dos sectores da cultura” afirmou Juan Carlos Fernández Fasero, director de Agadic, na presentación “As cifras da industria cultural galega”. Trátase dun informe que revela datos como que se crean máis empresas no ámbito da cultura que noutros sectores, que son de pequeño tamaño (o 51% non ten asalariados e o 44,20% ten entre 1 e 9 asalariados) e que facturaron arredor de mil millóns de euros en 2008. “As cifras son o primeiro paso sobre o que se asenta o Plan Director de Agadic que daremos a coñecer en breve”, aseguraba o director xerente de Agadic.
As principais magnitudes que contén este informe revelan que existen en Galicia 6.941 empresas, que a maior parte delas son comercios de artigos culturais e recreativos, asà como empresas de publicidade, e as que se dedican a bibiotecas, arquivos, artÃsticas e espectáculos. Ademais, documenta que esas empresas facturaron en 2008 mil millóns de euros, un 17.36% máis que en 2006, sendo as do ámbito de produto gráfico as que máis facturan (un 67.05%). ¿E de onde sacaron os datos? As cifras explotadas pola empresa EOSA (a mesma que se encarga do mantemento do Observatorio Audiovisual de Galicia desde 2005), chegaron dos datos do Rexistro Mercantil que facilitan as propias empresas. En canto ao emprego, este sector deu traballo en 2009 a 10.869 traballadores, un 2.67% máis que no 2008.
Como norma xeral, o principal problema das industrias culturais galegas é a exportación. A industria da cultura só supón un 0.04% do total de produtos galegos que se venden fóra. “É o noso punto feble” apuntou Fasero, quen espera que este informe sirva para “que outros sectores nos consideren como industria e ao mesmo tempo, se poida facer un seguimento exhaustivo dos datos de ámbito cultural”.
O informe fai un estudo destacado por sectores, dos que achegamos un pequeno perfil:
Industria musical
Este sector xenerou en 2008, uns 96 millóns de euros e empregou a 800 persoas, sendo a organización de actos a que acada un maior peso relativo. Ademais das cifras oficiais (Seguridade Social, INE, Rexistro Mercantil..) analizáronse outros documentos sectoriais (asociacións como AGEM ou Agaphono) que estimaron que o negocio das verbenas ronda os 94 millóns de euros e que chegan a contratar a 3.500 persoas en perÃodos estacionais.
Industria audiovisual
En 2010 Galicia conta con 310 empresas dedicada a produción de contidos de cine, vÃdeo e televisión, e 38 a actividades de emisión e programación que dan traballo a uns 3.000 empregados. O estudo cuantifica en 249 millóns de euros o volume de negocio.
Artes escénicas
As cifras facilitadas nese informe sobre as artes escénicas revelan un crecemento espectacular da facturación dese sector entre 2005 e 2008, que medrou nun 336%. O volume de negocio destas mesmas entidades no ano 2008 foi de 16.3 millóns de euros.
Produto gráfico
O sector do produto gráfico (entendendo por tal artes gráficas, libros, publicidade) ocupa a preto de 1.100 empresas que se asentan princialmente na Coruña (o 47% está alÃ). É o sector da industria da cultura que ten un maior peso económico porque facturou en 2008 735 millóns de euros. Sen embargo, é o sector que máis fortemente está a acusar a crise, con reducións á metade de resultados globais (antes de impostos) das empresas.